Javier Muro nace en Madrid en 1968.

Á idade de 16 anos fai a sua primeira actuación nunha discoteca na província de Guadalajara.

Aos 17 anos (1985) entra a formar parte como socio da Sociedade Española de Ilusionismo (SEI). A partir de aí toma contacto con magos da talla de Juan Tamariz, Pepe Carroll, Anthony Blake, etc.

Asiste en 1988 e 1989 ás xornadas máxicas internacionais de El Escorial (Madrid), organizadas por Juan Tamariz e a Escola Máxica de Madrid, para o estudo e profundación da máxia.

Licenciase en Bioloxia en 1994, carreira que nunca chegou a exercer, compaxinando os seus estudos coas actuacións de máxia.

No 2002 traslada a súa residencia a Pontevedra.

Nos anos 2005 e 2006 organizou o Festival "Mondariz é Maxia", e do 2006 ao 2008 coordinou as campañas "Maxia nas Escolas", organizado e patrocinado pola Excma. Deputación de Pontevedra, facendo chegar a maxia aos colexios da provincia de Pontevedra.

E continua traballando con diferentes espectáculos tanto para empresas (Citroën, Volvo, Peugeot, Ford, Club Ferrari de Cataluña, Asoc. de empresarios de Arcade, de Baiona, etc.) como para concellos, destacando Pontevedra, Santiago, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Ferrol, Marín, Ribadavia, Cangas, A Garda, e un longo etcétera.

Durante estes anos realizou varios centos de actuacións entre centros culturais, teatros, auditorios, empresas e particulares.

Socio das Asociacións "Magos Profesionais de Galicia" (MPGa) e Asociación Viguesa de Ilusionismo (AVI).