Castellano
Traxectoria     Espectáculos     Imaxes     Vídeos     Prensa     Maxia     Contacto     Inicio
Maxilusión
Sintonía Máxica
As aventuras de Paquito Llons

Ficha técnica

 

Paquiño é un neno que soña ser explorador e aventureiro, algunhas veces pirata e outras viaxeiro, e grazas á súa afección aos libros de aventuras, realiza unha gran viaxe en busca do país de Liliput, pasando por países exóticos como China, India, Persia, Exipto, a imaxe dos grandes viaxeiros como Marco Polo...

Unha excitante aventura chea de maxia e ilusión onde o mago Javier Muro interpreta o papel dun neno, e fai interactuar aos bonecos dándolles vida, sucedéndose situacións moi máxicas que só poderían ocorrer na imaxinación dun neno.

Un espectáculo de maxia teatral onde se intenta transmitir aos rapaces valores positivos como a afección á lectura, a amizade, a tolerancia cara aos demais sen importar as diferenzas de raza, nacionalidade ou relixión.


Para público infantil e familiar,
preferentemente nenos de 4 a 12 anos.